Xa está aquí o merchandising oficial do Esmorga Fest! O deseño coa imaxe do festival xa se pode lucir grazas a estas novas camisetas e bolsos.

Ademais de poder mercalas o vindeiro 11 de marzo no festival, poderanse adquirir tanto na festa do sábado 11 de febreiro en Lugo como no concerto de presentación en Santiago de Compostela.

O Festival Esmorga Fest preséntase no Ateneo 30 de Santiago de Compostela o venres 24 de febreiro cos directos de Voltem e Favx

A entrada para o concerto en Santiago será de tan só 5€ e comezará a todo ás 22.00. Sigue o evento e convida xs teus amigxs.

Durante o evento en Compostela, poderanse mercar entradas anticipadas e tamén merchandising oficial do festival.

O vindeiro sábado 11 de febreiro a partir da medianoite no Saint Etienne de Lugo, terá lugar a festa de presentación do Esmorga Fest. Contará coa música dos Esmorga Djs e nela poderanse adquirir as entradas para o festival e mais bolsos e camisetas.

Sigue o evento en Facebook e convida á túa xente! Imos quecendo motores!

Xa está aquí o cartel definitivo do Esmorga Fest, o festival que trae o mellor do panorama musical independente a Sarria o vindeiro 11 de marzo.

Aínda podes mercar a túa entrada na nosa web e tamén no Xarope e no Adarve de Sarria e mais no Mercado Street Food, de Lugo.

A banda sarriá estará no Esmorga Fest representando a calidade dos músicos locais.

Voltem súmase a un cartel do que xa forman parte Triángulo de Amor Bizarro, Los Bengala, Nueva Vulcano, Atención Tsunami, Músculo!, Aries, Equations, Paus, Pálida e Beach Beach.

Faite coa túa entrada canto antes. Lembra que o aforo na Sala Litmar é limitado.

O dúo máis salvaxe do panorama do rock'n'roll actual estará o vindeiro 11 de marzo no Esmorga Fest.

Los Bengala súmanse a un cartel que xa conta con Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Atención Tsunami, Aries, Paus, Músculo!, Equations, Pálida e Beach Beach. E aínda quedan algunhas sorpresa por anunciar.

Non o deixes pasar e faite agora mesmo coa túa entrada a un prezo incrible. Podes mercala tanto na nosa web como no Adarve e no Xarope.

A música de Pálida, coa súa sensacional mestura de electrónica e psicodelia, chegará a Sarria para facervos bailar como polos sen cabeza.

O proxecto de Nelo, coñecido membro do Colectivo Metamovida e de Durarará!!, recunca no Esmorga Fest para brindarnos unha aposta en directo sen igual no panorama galego.

Aínda nos quedan máis bandas por anunciar. Se non queres perderte a festa que estamos preparando, merca a túa entrada anticipada no Xarope, no Adarve ou na nosa web.

Os mallorquinos Beach Beach son a nova confirmación do Esmorga Fest 2017. O cuarteto terá un 2017 movidiño, visitando os Países Baixos para tocar no festival Eurosonic e tamén no Esmorga! Prometen un directo sólido cun estilo pop de guitarras. 

Se non tes aínda a túa entrada, bule a mercala por só 12€ nesta mesma páxina ou nos dous puntos físicos de Sarria: o Xarope e o Adarve.

Con Beach Beach son xa 8 as bandas confirmadas para a 3ª edición do Festival, que se celebrará o 11 de marzo na Sala Litmar. 

As entradas para o Esmorga Fest en formato físico xa se poden mercar en Sarria. En concreto, están dispoñibles no Xarope e no Adarve. Faite coa túa por só 10€ e reserva un sitio na festaza que se nos vai vir enriba o vindeiro 11 de marzo!

Lembra que tamén podes adquirir online a túa entrada.

O día 1 de xaneiro subimos o prezo. Bule!

Xa tes a túa entrada para o Esmorga Fest? Pois deberías saber que acabamos de lanzar un concurso que che resultará ben interesante.

Agora, só por ter a túa entrada para o festival, podes participar no sorteo dunha noite nun hotel co selo Galicia Calidade para 2 persoas. Non agardes máis, faite coa túa entrada e participa no concurso.

Queremos agradecer a colaboración de Galicia Calidade co Esmorga Fest e a súa aposta pola cultura e a música ao vivo.

Páxina 4 de 5

                                                                                                           COPYRIGHT © 2022 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR