Os mallorquinos Beach Beach son a nova confirmación do Esmorga Fest 2017. O cuarteto terá un 2017 movidiño, visitando os Países Baixos para tocar no festival Eurosonic e tamén no Esmorga! Prometen un directo sólido cun estilo pop de guitarras.
Se non tes aínda a túa entrada, bule a mercala por só 12€ nesta mesma páxina ou nos dous puntos físicos de Sarria: o Xarope e o Adarve.
Con Beach Beach son xa 8 as bandas confirmadas para a 3ª edición do Festival, que se celebrará o 11 de marzo na Sala Litmar.
