Martes, 15 Novembro 2016 12:15

ADIANTO Esmorga Fest 2017

Estabas desexando saber que grupos viñan á 3ª Edición do Esmorga Fest? Pois vaite preparando porque xa temos as primeiras confirmacións:

ARIES

Aries chega ao Esmorga Fest despois de executar un dos traballos máis redondos de 2016: Adieu or die. Unha viaxe electrónica incomparable: pop cheo de harmonía, ritmos engaoilantes e sons relucentes.

NUEVA VULCANO

Non, amigas e amigos. Non hai quen deteña a Nueva Vulcano. Logo dun período de ausencia, no 2015 regresaron co seu Novelería  para de mostrar que son unha auténtica forza da natureza. Un dos directos imprescindibles do panorama estatal.

EQUATIONS

Electrónica, pop, rock, guitarras fuzzy... A banda portuguesa Equations chega ao Esmorga Fest amosando un carácter totalmente persoal, no que se mesturan o rock atmosférico e explosivo e a catarse sónica máis rockeira.

PAUS

A banda portugues Paus presentarase no Esmorga Fest coa súa inhabitual formación: dúas baterías, baixo e mais un armamento de teclados. Psicodelia, tropicalismo, experimental, sen deixar de lado o pasdo hardcore dalgúns dos seus membros. O 11 de marzo poderemos gozar dunha banda que xa actuou dous anos consecutivos no Primavera Sound e que quentou o escenario para bandas como Radiohead o Health.

Media

                                                                                                           COPYRIGHT © 2022 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR