Tras cinco anos de relativo silencio. O Columpio Asesino é unha das bandas máis importantes e influentes do pop alternativo nacional; con gran proxección en Latinoamérica, por onde xiran desde 2004.
O Columpio Asesino volve os escearios, cun inesperado xiro de son: o grupo mostra a súa cara máis pop, sen perder a súa esencia entre o belo e o sinistro. Sen dúbida unha oportunidade de ouro para todos os que se acheguen a esta edición do Esmorga Fest para que sexan cegados cuns sons máis potentes e luminosos que nunca.




