O Synthpop 2.0 de Presumido estará no Esmorga Fest 18.

Merca agora a túa entrada e non perdas a festa que se vai armar en Sarria.

Os madrileños FAVX súmanse ao cartel do Esmorga Fest 18.

Faite xa coa túa entrada.

Isto non se detén! Amparito súmanse ao cartel do Esmorga Fest 18.

E aínda quedan bandas por anunciar! Faite coa túa entrada xa!

A banda galega Bulto traerá a súa mestura de post-hardcore e metal clásico ao Esmorga Fest 18.

Se aínda non tes a túa entrada, faite xa con ela a través da nosa web.

 

O grupo Rayotaser súmase ao cartel do Esmorga Fest 2018. Únense a WAS, Nudozurdo e ao resto de bandas xa confirmadas.

Poderás gozar cos seus ritmos bailables a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2018.

Merca xa as túas entradas.

Xa se pode adquirir a camiseta oficial do Esmorga Fest 2018 a través do noso Facebook.

Por tan só 10€, enviarémoscha contra reembolso. Tes varias tallas a escoller.

Continuamos sumando pezas! Desta volta, únense ao cartel a banda madrileña Nudozurdo e os galegos Disco Las Palmeras!

Nudozurdo levan máis de 15 anos enriba dos escenarios defendendo unha das propostas máis interesantes en España de rock e post-rock. Pola súa banda, Disco Las Palmeras! estrearán o seu novo traballo no Esmorga Fest, no que será, sen dúbida, un concerto moi especial.

A nova edición do festival celebrarase o 2 e 3 de marzo de 2018 en Sarria. Ademais destas últimas confirmacións, no cartel xa están presentes WAS, Mujeres, Cala Vento, La Plata e Jardín de la Croix. 

As entradas pódense mercar xa a través da web a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria.

 WAS (We Are Standard) súmanse a Cala Vento, Mujeres, Jardín de la Croix e La Plata no cartel do Esmorga Fest 2018.

 Se non queres perder a festa que se vai armar o 2 e 3 de marzo en Sarria (Lugo), aproveita a oferta de entradas.

Podes mercalas AQUÍ

Xa coñecemos catro das bandas que formarán parte do Esmorga Fest 2018. 

A Jardín de la Croix súmanse: La Plata, Mujeres e Cala Vento. 

Oferta de lanzamento

Na madrugada do luns 27 ao martes 28, ás 00.00, poderás adquirir xa as túas entradas a prezo reducido para o Esmorga Fest 2018.

Presta moita atención aos nosos perfís en Facebook, Twitter ou Instagram para non perder esta oportunidade. É unha oferta a un prezo moi reducido, pero con unidades limitadas.

En canto se esgoten as entradas desta primeira oferta, anunciaremos unha nova banda.

O EsmorgaFest 2018 xa ten datas! Celebrarase a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2018.

Por suposto, o festival celebrarase de novo en Sarria, Lugo. Volverá reunir o mellor do panorama musical underground e contará cunha programación chea de actividades para maiores e cativos.

Ademais, anunciamos a primeira banda do cartel da 4ª edición: Jardín de la Croix.

Páxina 3 de 5

                                                                                                           COPYRIGHT © 2022 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR