Continuamos sumando pezas! Desta volta, únense ao cartel a banda madrileña Nudozurdo e os galegos Disco Las Palmeras!
Nudozurdo levan máis de 15 anos enriba dos escenarios defendendo unha das propostas máis interesantes en España de rock e post-rock. Pola súa banda, Disco Las Palmeras! estrearán o seu novo traballo no Esmorga Fest, no que será, sen dúbida, un concerto moi especial.
A nova edición do festival celebrarase o 2 e 3 de marzo de 2018 en Sarria. Ademais destas últimas confirmacións, no cartel xa están presentes WAS, Mujeres, Cala Vento, La Plata e Jardín de la Croix.
As entradas pódense mercar xa a través da web a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria.
