Xa está aquí o Esmorga Fest e estás preparándote para unha boa festa. Neste post presentámosche información que che vai resultar de interese.
Moverse polo Esmorga Fest
Todos os escenarios do festival, tanto do venres como o sábado, están realmente próximos os uns dos outros. Neste mapa podes ubicalos e ver qué actuacións se realizarán en cada un deles. Haberá postos de merchandising e tamén un vaso ecolóxico do festival.
A Sala Litmar
Debes lembrar que a Sala Litmar ten aforo limitado, co cal é importante que te fagas coa túa entrada canto antes. Na propia sala non se vende tabaco, mais si que hai zona habitilida para o fumeteo.
Comida
Isto é Sarria, polo que non vas ter dúbida para encontrar un sitio no que comer ben preto do festival. Varios dos nosos colaboradores locais poden ser unha boa opción para comer, ao tempo que axudas a recoñecer o apoio que dan a esta iniciativa.
Aparcar
Hai moitas zonas de aparcamento por toda a vila. Se che preocupa a zona ORA, gustarache saber que en Sarria... non hai!
Horarios
O venres 10 de marzo comezaráo bo no Pub Adarve:
- 00.30: Don Culo
- 02.30: Pálida
O 11 de marzo gozaremos dunha sesión vermú no Pub Xarope:
- 14.00: Juanbez Dj
Os concertos de tarde terán lugar en La Unión:
- 17.30: Beach Beach
- 18.30: Aries
- 19.30: Atención Tsunami
Pola noite, a festa trasládase á Sala Litmar:
- 21.00: Apertura de portas
- 21.30: Voltem
- 22.25: Equations
- 23.20: Los Bengala
- 00.15: Nueva Vulcano
- 01.20: Triángulo de Amor Bizarro
- 02.35: Malandrómeda
- 03.40: Músculo!
- 04.45: Pálida
Teremos Afterparty, será no Pub Golden (Antigo Bosque) na Rúa dos Viños con Esmorga Djs e Sutan.
O 12 de marzo, domingo, ás 13 horas no Pub Golden teremos concerto de Vulk.
Como chegar ao Esmorga Fest?
A Sarria poderás chegar en coche, autobús e tren. Tamén hai aeroportos cercanos. Na nosa web temos un apartado específico con información ao respecto.
