Dende a dirección do Esmorga Fest, antes de nada, queremos agradecer a todo o mundo, o apoio que nos mostrastes desde o día 12 de marzo, momento no que tivemos que anunciar o noso primeiro aprazamento, xusto o día antes de comezar nosa VI edición, e agora coa cancelación definitiva sentir que estades aí, tamén nos dá forza para continuar traballando neste evento que xa é parte de todxs vosoutrxs!
A continuación, explicámosvos como será o proceso de devolución de entradas, xa que moitos de vós comunicástesnos que non queredes recibir o reembolso das mesmas, o procedemento para a devolución será o seguinte:
O prazo para a devolución das entradas abrirase a partir de mañá día 27 de outubro ata o 27 de novembro.
Para iso bastará con que escribades un correo á dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o voso nome e apelidos, número de entradas e o número do pedido (verédelo no mail que se vos enviou coas entradas). Nun prazo máximo de 14 días emitirásevos o reembolso completo, con gastos de xestión incluídos.
Para as entradas adquiridas nos puntos de venda físicos teredes que escribirnos un email, co número de entradas a devolver, e indicarémosvos como procederemos coa devolución.
¡Moitas grazas pola vosa paciencia!
# infinitaesmorga
