Mércores, 07 Outubro 2020 07:25

Comunicado oficial Esmorga Fest 2020

Dende a organización do Esmorga Fest, queremos comunicar que, lamentándoo moito, vémonos obrigados a cancelar de maneira definitiva o Esmorga Fest 2020.

Este festival supón para todos os que traballamos nel, unha gran ilusión na que depositamos ano tras ano todos os nosos esforzos, e como podedes imaxinar, rómpenos o corazón ter que transmitir esta noticia. O noso maior desexo é o de ofrecervos boa música e uns días de máximo gozar e felicidade.

Pero debido á redución de aforos e a necesidade de manter distancia de seguridade, imposibilítanos levar a cabo esta edición dunha forma segura, e dentro do marco que marcan as autoridades.

Con todo, só podemos agradecervos tódalas mensaxes de ánimo e apoio que recibimos todos estes meses e pola paciencia que demostrastes. A cancelación o día antes do festival supuxo un duro golpe, tanto para o noso ánimo como para a saúde económica do festival. Pero isto non fará que cesemos no noso empeño, de seguir sacando adiante unha nova edición do Esmorga Fest. Grazas a todos os artistas, técnicos e traballadores que formades parte do Esmorga Fest, desexámosvos o mellor e volveremos vernos pronto!


Tamén queremos agradecer a todos aqueles que na vosa infinita solidariedade e amor por este pequeno proxecto comunicástesnos que desexades non recibir o importe da entrada, dándonos a oportunidade de poder regresar, non sabemos cando, nin como será iso, pero volveremos! En breves comunicarémosvos o procedemento para a devolución de entradas. Moitas grazas pola vosa paciencia!

#InfinitaEsmorga.

                                                                                                           COPYRIGHT © 2022 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR