Debido aos recentes acontecementos e en consenso co Concello de Sarria, e seguindo as recomendacións da Conselleria de Sanidade da Xunta De Galicia, tomouse a decisión de aprazar temporalmente esta edición do Esmorga Fest.
A nosa prioridade é e será sempre a de garantir a saúde do noso público e artistas. Seguimos traballando nesta edición para garantir a calidade e a continuidade do festival.
Proximamente anuciaremos novas datas, e toda a información para a devolución de entradas cuxas persoas queiran realizar o seu reembolso.
Esta situación rómpenos o corazón por todo o esforzo e ilusión que levamos posto durante todo este tempo.
Agora mesmo estamos esnaquizados, pero continuamos con forzas para seguir adiante.
Hoxe máis que nunca..
INFINITA ESMORGA!
