O Esmorga Fest ‘20, considerado como o festival máis madrugador do ano e agardado por moitos dos amantes da música indie e underground suma catro novos nomes o seu cartaz, que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia.
Bandas como Pony Bravo que dende a sua formación en 2006 convertéronse en referentes da música independente nacional, Niña Coyote eta Chico Tornado arrasando trala sua xira mundial e polos festivais máis importantes de España, Atención Tsunami ou Aliment son os catro grupos que se subirán o esceario SON Estrella Galicia.
