A segunda edición do Esmorga Fest abrirase coa presentación da novela Sin pedir permiso de Conchi Moya (Libros.com) o venres 4 de marzo ás 20.30 en O Taller de López.
'Sin pedir permiso' é unha homenaxe á radio libre e a música. A novela, chea de referencias musicais, radiofónicas e de cultura xuvenil, tamén narra unha historia de amor e amizade.
'Sin pedir permiso' fala daqueles que tiveron vinte anos nos noventa, durante aquel tempo de crise política e social, no medio dun cambio de siglas no poder que chegou para que todo seguise igual. Membros dunha xeración botada a perder, confusos e desorientados, con talentos que a ninguén semellaban interesar, a endémica falta de oportunidades, o traballo precario das ETT's e a complexidade da loita social pintaban un futuro bastante negro para os seus protagonistas.
"O resultado é un libro cautivador, que se deixa ler e querer con facilidade, mediante as súas divertidas anécdotas, coas súas tensións emocionais, e eses recordos dun pasado que para o lector actual, se non tivo a sorte de vivir neses anos, poida que resulte certamente incrible pola capacidade de reclamo que tiñan entre unha mocidade inquieta que aínda se relacionaba, sen necesidade algunha, das actuais redes sociais". Alex Magic Pop, xornalista.
En 'Sin pedir permiso' crese "na música e a arte como refuxio dun mundo gris e abatido, coa esperanza de atopar sempre a xente colorida capaz de ver a parte máis emocionante. A maxia da radio queda fielmente reflectida, o feito de crear, comunicar e compartir o que amas a través dos micrófonos. Algo que nos 90 facíase sen internet, sen tecnoloxías dixitais, dunha forma artesanal e única". Ruth Soria, Rutilare Creatividade.
"Unha novela áxil, fresca, nova na súa estrutura de flashes, tenra e canalla como a época que describe, evocadora, divertida e sobre todo musical. Un berro necesario para non deixar morrer unha época, unhas ilusións, e un impulso de liberdade, que seguimos sentindo tan necesarios". Helio Ayala, escritor.

Conchi Moya
(Madrid, 1971). Licenciada en Ciencias da Información na Universidade Complutense.
Escribiu varios libros co Sahara Occidental como tema de fondo: 'Delicias saharauis', 'Las treinta y dos batallas de Aminetu Haidar' e 'Los otros príncipes'. Xunto con Bahia Mahmud Awah publicou o ensaio 'El porvenir del español en el Sahara Occidental' e a antoloxía 'Cuentos saharauis de mi abuelo'. Antóloga de varios libros de poesía saharauí en español: Um Draiga', 'Aaiun, gritando lo que se siente', 'La primavera saharaui' y 'Poetas saharauis (Generación de la Amistad)', editado en Venezuela. Artigo sobre Literatura saharauí en español no Libro 'Literaturas hispanoafricanas: 'realidades y contextos' (Editorial Verbum).
Co-realizadora do espazo informativo Poemario por un Sahara Libre.
A súa primeira novela, 'Sin pedir permiso', está publicada por Libros.com.
Haz lo que debas é o seu blog persoal onde fala de Sahara, literatura, música, radio, cinema, concertos e o que xurda.
