Venres, 08 Xaneiro 2016 09:30

ESMORGA 2016 | Confirmamos a Juventud Juché !!

 

 

Boas novas!! Outra confirmación máis: Juventud Juché !  Xa queda menos...

Juventud Juché naceu a finais do ano 2012 sen ningún tipo de pretensión. Con todo, varios meses despois e tras máis de 70 concertos, xa han presentando o seu primeiro disco,Quemadero (Gramaciones Grabofónicas/Sonido Muchacho - 2013).
A andaina de Juventud Juché empeza cunha demo gravada a comezos de 2012 con 5 temas que logo formarían parte do seu primeiro lanzamento oficial, un EP (Sonido Muchacho/Discos Walden - 2012) gravado no Studio B por Bernardo Calvo en xullo de 2012. Neste 7´´ xa se deixan a entrever moitas das súas influencias, que veñen desde Mission of Burma a Gang Of Four. Meses despois editan a súa segunda referencia, un split con Juanita y Los Feos (Discos Walden - 2013), que continúa a senda marcada polo seu primeiro traballo.
 
Tras un intenso ano de concertos, compartindo cartel con grupos internacionais como Holograms ou Iceage, en outubro de 2013 encérranse unha vez máis no Studio B para dar forma ao seu primeiro longo, Quemadero. Un disco formado por 12 temas nos que escurecen e radicalizan o seu discurso, lembrando a grupos como Pop Group, Fire Engines ou James Chance & The Contortions, pero sen deixar de soar a eles mesmos e ás diferentes influencias dos seus tres membros.
 
O álbum foi elixido como un dos mellores do ano 2013 por medios como Rockdelux (26a), Mondo Sonoro (36a) ou Hipersónica (13a), e foi seleccionado por Jitparade (a media de todas as listas nacionais) como o 31 mellor lanzamento. Ademais Juventud Juché foi unha das bandas novas de referencia con entrevistas no País, Rockdelux, Rolling Stone ou MondoSonoro.
 
 
 
juche
 
 
BANDCAMP
 
 
 

                                                                                                           COPYRIGHT © 2022 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR