O progreso artístico de Vulk emana do seu inconformismo e o seu avance implacable, o mesmo que se pode apreciar nos seus concertos. Cancións viscerales cheas de detalles que nos falan da amizade e o amor desde unha visión existencialista e que nos achegan á violencia da humanidade desde a impotencia da realidade.
Vulk representa o futuro do rock vasco, sen querer esquivar o arraigamento a bandas como Dut, Lisabö, Borrokan. Unha nova vangarda que tampouco escapa dos focos externos. Vulk xirou por todo o Estado sendo parte do cartel de festivais como Primavera Sound, BBK Live, FIB ou Vida Festival e este ano poderémolos ver e gozar con eles no Esmorga Fest.
