cómo chegar ao ESMORGA FEST
|
|
|
|
Sarria atópase comunicada tanto con Monforte como con Lugo a través do corredor CG - 2.2 que enlaza ca A6 en Lugo. Podes calcular a tua ruta tomando como destino a ubicación do seguinte mapa:
AUTOBÚS
As ligazóns con Sarria fanse sempre desde Lugo. As empresas encargadas de levarche en bus son Alsa se vés desde fóra de Galicia, Arriva desde Friol e Parga, Her-vei desde Fonsagrada, Monbus se vés de Lalin, Monforte de Lemos (directo a Sarria), Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago entre outros (tamén hai rutas coa o empresa Freire desde Santiago).
Ligazóns dende Lugo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela todos os días.
Directo desde Madrid (Estación de Chamartin) con paradas en Ávila, Valladolid, Palencia, Leon, Astorga e Ponferrada e desde Barcelona (pódese coller tamén en Tarragona, Lleida, Zaragoza, Pamplona, Vitoria, Burgos, Palencia e León) todos os días. Desde o resto de España facendo transbordo en Tarragona, Zaragoza e Madrid.
O aeroporto máis próximo de Sarria está en A Coruña (1,20h) e Santiago de Compostela (1,50h). Desde calquera das dúas
localizacións hai ligazóns en autobus con Lugo e Sarria.



